O BLOG DE AULA DE LUIS
Blog de actividades, eventos e recursos da nosa aula do terceiro ciclo do CEIP Valle - Inclán (Perillo - Oleiros)
martes 6 de marzo de 2012
MULAN
Hoxe tivemos a sorte de presenciar Mulan, unha obra teatral, en inglés, no auditorio da Fábrica en Perillo a cargo da compañía de teatro interactivo Clever Pants. Mulan, unha heroina chinesa, chea de valentia, defende o seu país do invasor do norte. Mulan pasa dos prexuizos masculinos que non a consideran capaz, por ser muller, e enfróntase exitosamente co inimigo. A obra foi magnificamente interpretada por tres actores nativos e organizada polas profes de inglés Marga e Teresa.
Etiquetas:
Eventos e conmemoracións
viernes 24 de febrero de 2012
A VOLTAS COA LUZ
Esta última temporada tivemos a ocasión de "xogar" coa luz. Coñecimos algunhas das súas propiedades e as utilizamos para fabricar os nosos aparellos. Elaboramos caixas escuras que simulan o funcionamento dun ollo ou dunha cámara fotográfica.
Para ver os nosos traballos clica, en "AS NOSAS IMAXES", no enlace "Traballos de óptica 6ºB (2012)"
Etiquetas:
Física
sábado 18 de febrero de 2012
ENTROIDO 2012
O pasado venres celebramos o entroido no cole. O noso ciclo fomos de hippies. Aproveitamos a cercanía do día da paz (3o de xaneiro) para conectalo co noso disfraz. Os hippies, nos anos setenta do pasado século, defenderon o dereito dos seres humanos a disfrutar dun mundo en paz.
Na imaxe estamos posando diante da nosa aula. A que quedamos moi chulos.
(para vela mellor clicade sobre ela)
Na imaxe estamos posando diante da nosa aula. A que quedamos moi chulos.
(para vela mellor clicade sobre ela)
Etiquetas:
Eventos e conmemoracións
martes 17 de enero de 2012
DOMANDO ELECTRÓNS
Nestes últimos días estivemos en 6ºB domando electróns. Fixémolos andar grazas a xeradores (pilas de petaca) e conducímolos por cables (condutores) ata receptores (lámpadas) onde lles obrigamos a facelas lucir. Mantiñamos o control mediante un ou varios interruptores. A continuación botamos imaxinación e saíron cidades, faros, muiños, campos de fútbol, helicópteros...
Na parte dereita do blog en "AS NOSAS IMAXES", clicade sobre "Traballos de electricidade 6ºB (2012)" para poder apreciar os nosos logros.
Etiquetas:
Física
viernes 16 de diciembre de 2011
UNHA LEMBRANZA
Ao longo dos últimos meses o blog ven recollendo os comentarios dos alumnos deste curso, pero tamén dos pasados. Cos deste curso teño o pracer de falar a diario, pero boto en falta poder agradecer os comentarios dos que xa estades no instituto. Como seguides formando parte deste colexio e do corazón deste mestre, non quixen deixar pasar a ocasión do Nadal e pintei esta árbore cos vosos nomes. Lembrei individualmente a cada un. Gracias por seguirnos. Feliz ano e feliz instituto.
Unha calorosa aperta.
Etiquetas:
Eventos e conmemoracións
martes 13 de diciembre de 2011
SOTAVENTO
O pasado día 12 visitamos o parque eólico experimental de Sotavento cerca de As Pontes. Era un día fresco, pero non frío a pesar da altitude (uns 700 metros). Neste parque trabállase sobre diferentes enerxías alternativas respetuosas co mediambiente: enerxía eólica, enerxía fotovoltaica... Na visita tivemos a oportunidade de coñecer como funciona un aeroxerador, as súas partes e os mecanismos de control. Tamén vimos diferentes paneis que nos axudaron a mellorar os nosos criterios sobre aforro enerxético (lámpadas de baixo consumo ou de leds fronte ás clásicas de filamento; apagar os aparellos eléctricos non utilizados e desenchufalos...). Na parte final, visitamos unha casa "bioclimática" con tódolos adelantos que permiten obter a enerxía do ambiente sen deterioralo.
-Para facer unha visita virtual a Sotavento, clica no enlace.
-Para ver as nosas fotos, clica no lateral do blog no apartado "As nosas imaxes", "Sotavento 2011"
jueves 1 de diciembre de 2011
PRESENTACIÓNS PRIMEIRO TRIMESTRE 2011 - 2012
Hoxe comezamos en 5ºB e 6ºB a tanda de presentacións do primeiro trimestre. Era a primeira vez que os alumnos destes cursos as facían. Un verdadeiro reto que superaron con moito éxito. Os compañeiros que as valoraron tamén o fixeron moi ben; outro éxito do que debemos estar moi orgullosos. Tan importante é o feito de facelas e defendelas publicamente con calidade, como o de escoitalas con atención, comentalas e valoralas con respeto e xustiza. Noraboa a todos.
Para ver as imaxes clicade, no lateral do blog no apartado "As nosas imaxes", o enlace "Presentacións 1º trimestre 2011-2012"
Etiquetas:
Presentacións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





